Rali do Cocido

Iván Ares comeza no Rally do Cocido a defensa do título de campión de España

tvg

Rematamos con motor. Lembren que esta fin de semana se celebra o Rally do Cocido, proba do nacional de asfalto neste 2018 por primeira vez. Hoxe acompañamos a Iván Ares en varios treitos do percorrido. O piloto de Cambre inicia en Lalín a defensa do título nacional logrado o ano pasado.

Eles son os reis do asfalto en España. E hoxe metémonos no seu coche. Primeiro día de adestramento nos treitos do rally do cocido. Os prognósticos din que seguirá chovendo ata o sábado. Ares e Pintor estarán hoxe unhas 12 horas analizando todo o percorrido.

Unha parada durante a mañá para quentar o corpo cun café e conversar con outros pilotos. Son os campións. Defenden o título a partir do venres. E vaia se vai estar complicado. Anuncia chuvia. Pero este Hyundai xa o demostrou o ano pasado: soe sair gañador dos días grises e complicados.

Fuente: Televisión de Galicia

Salir de la versión móvil