No Rally do Cocido, a segunda proba do Campionato Galego de Asfalto, impúxose un dos favoritos, Víctor Senra, co seu Ford Fiesta R5.
O piloto de Dumbría precisou dunha hora, 50 minutos e 5 segundos para percorrer os 172 quilómetros cronometrados da carreira, dividida en 12 treitos. O firme esvaradío provocou numerosos abandonos. Alberto Meira, co seu Mitsubishi, foi o segundo máis rápido. Iago Caamaño finalizou no terceiro posto.
Ver video: CRTVG